viernes, 30 de mayo de 2008

INTRODUCIÓN

IIl INTEGRARTE
Tercer Festival Internacional Interactivo de Artes Integradas
28 xuño 2008
O Festival IntegrArte está organizado pola Asociación O Pelouro Axeito.
Para o proxecto,seguimento e realización do Festival contase cun equipo directivo, un equipo técnico e vinte colaboradores vinculados as artes escénicas y musicais e o eido da educación que traballan o longo do ano para que sexa posible a sua realización.
O Festival integrArte intenta favorecer un vencello entre comunidade local e arte, entre costumes e expresións, entre diversas culturas, integrando a creación entre diferentes linguaxes artísticas, culturais e interpsíquicas desde o marco significativo do Complexo O Pelouro Axeito.

É unha proposta arriscada, viva e dinámica no eido da creación artística desde a diversidade como valor.

Neste Festival preténdese, como en anos anteriores, reinventar e posibilitar un encontro que xere un acto de creación conxunto, favorecendo o intercambio e a interrelación e intersección entre persoas provenientes de diferentes rexistros: música, artes plásticas, danza, teatro, audiovisuais, poesía, pedagoxía, antropoloxía, educación e artesanía…nun contexto humano interxeracional e intercultural dentro do marco dunha Abadía do século XVII (Premio Europa Nostra 1997) e unha Factoría creada para o desenvolvemento da creación artística.
Estes espazos e instalacións interactivas contribúen a que se produza un encontro aglutinador, de reflexión participativa.
O continente entre o espectador e o artista dilúese e fusiónase como amálgama común de encontro desde a diversidade.
Un lugar que abre os sentidos a un espazo e tempo lento e quedo. Os acontecementos prodúcense entre espazos, dimensións e accións diversas, creando currunchos e climas cargados de sentido onde se conxugue o estético e vivencial.
IntegrArte nace do pulo desenvolvido a través de diversos “Encontros Interactivos de Mozos Creadores” de ámbito nacional e internacional realizados no Complexo O Pelouro Axeito (Premio Agader 2003 e premio á excelencia empresarial-social 2007) ao longo dos anos apostando pola diversidade intermental e intercultural no social estruturando significados comúns desde un enfoque sistémico, asentada a praxe de interacción estratéxica.
A emerxencia de emprendedores xuvenís entusiastas da diversidade como valor asumido e la diferenza como motor de proxecto participativo, a arte de conxeniar movéndose cara ó “coma se” posible.

A repercusión a nivel nacional e internacional do Primeiro Festival IntegrArte 2006 impulsounos ao Segundo Festival IntegrArte 2007. Ámbos os dous con excelentes resultados tanto a nivel artístico como de asistencia de público.


Este Terceiro Festival IntegrArte terá lugar na Abadía e Factoría do Pelouro Axeito (Caldelas de Tui) o 28 de xuño a partir das 19:00 h. ata as 2:00 da madrugada.

No Primeiro e no Segundo Festival IntegrArte participaron arredor de 40 entre artistas e compañías de distintos lugares de España, Italia, Alemaña, Arxentina e Brasil.
Hoteles Candanchu